Descobren dous poemas inéditos de Ánxel Fole.
Recentemente foron atopados dous poemas do autor de nacionalidade galega Ánxel Fole inéditos ata o momento.
Tras a súa morte, o ilustre autor de obras como "Terra Brava" ou "Á lus do candil" segue agasallándonos con pequenas obras de arte, xa que --tras estar excluídos da obra completa do autor-- atopáronse dous poemas no Fondo Ben-Cho-Shey, depositados no Arquivo Provincial da Deputación de Ourense.
Estas levan por nome "Rimas" e "El Borbón y su lacayo", as cales permítennos facer unha mellor visión do contexto político vivido ao final do réxime de Alfonso XIII.
O poema "Rimas" foi escrito a finais da Ditadura de Primo de Rivera, e "El Borbón y su lacayo" na ditablanda de Berenguer.

Publicar un comentario